seiodoies

Entries tagged as ‘Rebeldes’

Rebeldes

Outubro 31, 2008 · Deixa un comentario

O libro que lin foi “Rebeldes” de Susan E. Hinton. Trata dun rapaz que pertence a unha banda e un día escapa da súa casa cun amigo; os da banda rival atácanos. O amigo ó ver que ían matar ó rapaz cravoulle unha faca a un dos da outra banda e matouno. Asi é como tiveron que escapar e refuxiarse nunha igrexa das aforas que estaba abandoada. Un día ó volveren de comprar comida viron que a igrexa estaba ardendo e dentro había uns rapaces. Sin dubidalo entraron e salváronos. Logo disto leváronos ó hospital e o amigo morreu porque lle caeran unhas tellas enriba e partira a columna. Despois Dally suicidouse e Ponyboy (o rapaz) pilla un baixón e saca malas notas. O seu profesor mándalle facer unha redacción e empeza a contar a historia.

A nota que lle dou e un 7,5 porque ó primeiro a historia non me chegou a interesar moito, que se lle vai facer… Pero, ATENCIÓN: ten un final impresionante.

Deste libro fixo unha adaptación Fancis Ford Coppola “The Outsiders”

Tamén podedes ver esta web.

Juan José, 3c

Categorías: 3C · lecturas
Tagged: