seiodoies

Entries categorized as ‘3A’

MORGÚN

Novembro 12, 2008 · Deixa un comentario

Suso de TORO, MORGÚN, Col. Fóra de Xogo Ed. Xerais. ISBN 84-9782-053-2004, Vigo pp. 158

¿A quen non lle gustaría viaxar atrás no tempo e sumerxirse na fascinante historia dos castros?

Un libro incrible, moi interesante sobre a vida nos castros.

Este libro gustoume moito porque trata dunha historia sobre pelexas, profecías, maldicións e maxia, moita maxia naquela época que ¿quen sabe se será ficticia ou real?

Esta historia que tedes ante vos, é unha lectura moi fácil de comprender. Eu, recoméndolla a calquera persoa que teña interese na historia dos castros, ou simplemente que este aburrido/a na súa casa, sentado no sofá vendo a televisión por facer algo… Eu diríalle que colla este libro, pois é moi atraente: a intriga, o misterio e a emoción están presentes en todo momento.

Lembro que collín este libro un vinteún de outubro deste ano na biblioteca do meu instituto, (Porto do Son), na segunda hora de recreo. Ó cabo duns poucos días, eu diría que en menos dunha semana, xa lera este magnifico libro do moito que me gustaba , por iso recoméndoo, porque para min foi unha experiencia inolvidable.

Xa lera anteriormente, en concreto este verán, un libro de Suso de Toro, o cal tamén debo dicir que me encantou. Gústame a forma na que redacta as súas historias e como en cada capítulo déixache esa intriga que fai que queiras ler e ler, e como consecuencia, polo menos no meu caso,o libro dure un suspiro.

O libro “Morgún” trata dun rapaz do castro de baroña, que un día encontra un meniño na beira da praia onde o seu irmán xemeo e o pai estaban de caza. Deciden levar o meniño consigo. Logo dunhas horas chegan ás portas do castro onde son recibidos pola súa nai bruxa. Cando esta ve o neno, dáse conta de que leva unha poderosa maxia, a dos deuses, enriba e que unha grandiosa fazaña o espera …

Puntuación: eu daríalle un 9′5, gustoume moito, pero de todos os libros que teño lido non foi o que máis.

Esta é unha ilustración que fixo para Morgún o debuxante compostelano Juan Carlos Abraldes


Categorías: 3A · lecturas
Tagged:

A banda sen futuro

Novembro 11, 2008 · Deixa un comentario

ALEIXANDRE, Marilar; A banda sen futuro, Xerais, Vigo 1999, ISBN 978-84-8302-471-3

A banda sen futuro, é un dos libros que máis me gustou do que lin ata agora. Eu a este libro doulle a máxima nota que se lle pode dar, que é un 10, porque non hai máis. Este libro a min pareceume que está moi ben redactado, que transmite con claridade o que quere a escritora. A min doume a sensación de que ten unha lectura bastante fácil e se pode ler moi rápido. O único que vos podo contar (porque se non, non teriades interese en lelo), é que trata dunha rapaza de dezaseis anos, que conta a súa vida. Unha vida con moitos problemas…

Ana 3ºA

Categorías: 3A · lecturas
Tagged:

Da terra asoballada

Novembro 5, 2008 · Deixa un comentario

 Cabanillas, Ramón,  ”Da terra asoballada”, (Voz de Galicia), Xerais, 2001,84-8288-77-6,117pp.

Este libro de Ramón Cabanillas relata, en diversos poemas, o amor e orgullo que sinte pola súa terra. Ademais de contarnos algúns costumes e traballos da cultura galega, tamén escribe sobre algúns autores famosos galegos(PONDAL audio) que significaron algo para el e narra loitas que tiveron que soportar os galegos por aqueles tempos.

Ramón Cabanillas na wikipedia

Sobre Cabanillas (Francisco Fernández Rei)

Categorías: 3A · lecturas
Tagged:

A banda sen futuro

Novembro 4, 2008 · Deixa un comentario

ALEIXANDRE, Marilar, A banda sen futuro, Xerais, Vigo, 1999, ISBN: 978-84-8302-471-3, 156 PP.

A banda sen futuro é un libro con poucas páxinas. De fácil lectura. Este libro conta a historia dunha rapaza a través dun diario. Penso que todas as persoas o deberían ler, porque non chega con ler o resumo. O importante é saber todo o que pasa no libro, porque hai moitas máis cousas que saber. Eu lin este libro en menos de 4 horas.  Ten algo de todo: intriga, amor, desamor… Non me gustou moito o principio, pero tampouco é que me desgustara de todo porque este é un deses libros que anque queiras parar de ler, tes que seguir pola curiosidade de saber como remata e tamén pola curiosidade de saber cousas como por exemplo se os doutores lle van a permitir que deixe o pelo largo, etc. Hai partes do libro que son aburridas pero en xeral, ben. A nota que lle dou a este libro é un 9.

Trata dunha rapaza chamada Carlota  que se trasladou a outra cidade por motivos de traballo dos seus pais. Isto do traslado a ela resultoulle difícil xa que ela tiña o pelo moi curto a causa da quimioterapia. Carlota levaba un gorro sempre posto. A ela non lle era fácil coller amigos no seu novo instituto, e aínda por riba  a súa mellor amiga estaba saíndo con Miguel, o rapaz que a ela lle gustaba. Cando ela colleu outro mozo, e xa era máis feliz, súa avoa enfermou de cancro, o parecer incurable. Isto fixo que ela se desgustase de novo.

TAMARA

na Wikipedia

máis opinións

Categorías: 3A · lecturas
Tagged:

E agora que?

Novembro 4, 2008 · Deixa un comentario

VASSART, María: E agora que?, Periscopio.

Deseño da colección:DMB&B

Ilustracións interiores: Teo Puebla

Fotografía de cuberta: FOTOTECA STONE

2ª edición

Barcelona

ISBN-84-8116-311-2

Cando estaba buscando un libro na biblioteca, non encontrara ningún que me chamara a suficiente atención ata que dei con este.

A razón pola que collín ese libro foi porque dicía que era unha historia real, cousa que a min me chama atención (polo menos a min). Acostuman ser máis interesantes: cando unha historia real pasa a un libro é que tivo que suceder algo bastante gordo, digo eu.

Non vou contar de que vai a historia: xa non tería sentido lelo libro. Se vos interesa collédelo; é o que fixen eu.

Ben, a min o libro gustoume. A vida da protagonista cambia moito. Ademais, ao primeiro do libro non sabes moi ben o que lle pasou para estar naquel sitio onde estaba. Eu, mentres o lía, sentía moita curiosidade por saber o que lle pasou a esa rapaza.

E agora, se queredes saber o que lle pasou a rapaza, teredes que facer o que eu fixen. Unha cousa, non leades o reverso porque non pon de que vai o libro…

A miña nota é: 8.5

Alejandra 3a

Categorías: 3A · lecturas
Tagged:

A pensión Eva

Outubro 29, 2008 · 3 Comentarios

CAMILLERI, Andrea; A pensión Eva, Galaxia, Vigo, 2006, ISBN: 978-84-8288-824-8

Na miña opinión este libro engancha de comezo a fin. Interesa e atrae. Na Pensión Eva, apesar do ruído procedente das bombas e da guerra, o sexo segue a producirse. Alí van rapaces e homes a disfrutar os últimos días de vida que se cadra lles quedan, (por así decilo).

A este libro, doulle un 9.5. Con isto non quero decir que non este moi, moi, ben: é que non o quero deixar como o idolo dos libros! Espero que todos aqueles aos que non lles guste a lectura o collan porque é unha forma de ver canto se pode sentir en poucas liñas.
Gabriel 3a

web oficial Camirelli (italiano)

Categorías: 3A · lecturas
Tagged:

Unha estrela no vento

Outubro 24, 2008 · 1 comentario

COSTAS ÁLVAREZ, Ledicia, Unha estrela no vento, Xerais, Vigo, 2000, ISBN: 84-8302-481-0, 217 PP.

Este foi o mellor libro que lin ata agora. Houbo outros libros pero non coma “Unha estrela no vento”. Se lle dese unha puntuación daríalle un dez e, se puidera pasar de dez, faríao. A min recomendáronmo, e así o farei eu recomendándollo a todas as persoas, mesmo aquelas ás que non lles guste ler. Cando comecen o libro terán que seguir lendo, non porque os obriguen senón porque lles vai gustar. A min sucedeume iso, ter que ler e ler ata rematalo. Por iso felicito á autora, por escribir unha obra tan boa. Espero atopar axiña o momento no que lea outro libro tan bo.

Unha estrela no vento trata dun rapaz chamado Miguel Foz Blanco. Este ten una irmá chamada Paula.
O seu pai traballaba nunha empresa e dixéralle á familia que tiña que ir tres días a Madrid por cuestións de traballo. Eles estaban convencidos daquilo. Resulta que Miguel vai xunto co Maqui, Xoán, Martiño e outros amigos a un bar que estaba case o lado da súa casa chamado a Lagoa. E unha noitiña ía Miguel cara a súa casa só cando sentiu un ruído e decatouse que era o Bruto e a súa tropa. Estes pegáronlle, e por culpa desta pelexa, Miguel estivo malo pola coitelada que lle meteran. Cando á este lle deron a alta no hospital chegou a casa e tivo un moi bo recibimento por parte da súa irmá Paula, pero non do seu pai, xa que este íase a Madrid, pero xa non eran tres días, senón unha semana. O pai non quixo deixar o número do hotel ó que ía a ir e isto a Miguel pareceulle raro, entón o que fixo foi chamar a unha das oficinas da empresa, e nesta comentáronlle que o seu pai collera unha semana de vacacións. Isto a Miguel aínda lle soou peor e o que fixo foi chamar a Román, un íntimo amigo do seu pai, e este amigo confesoulle a Miguel que o seu pai fora de vacacións para estar coa amante coa que estaba enganando a súa propia muller.

Despois de todo isto

sucedeu outra desgracia. Helena e Santiago, que son os tíos de Paula e Miguel, morreron nun accidente de coche, pero a Abel, o seu fillo,

que este era un rapaz enfermo non lle pasou nada, xa que el non ía no coche.
Abel non podería vivir só por iso foi vivir a casa de Miguel.
A nai de Paula tivo que ir o enterro deles á Coruña, e Miguel e a irmá quedaron solos na casa, el a cargo da irmá coa súa grave ferida.
Este era un rapaz que na escola quitaba malas notas e á profesora de literatura non ha podía ver diante. Resulta que un día este fora a Lagoa, como moitos outros días o final das clases, e alí íase ver con Marta, a prima de Martiño.
Estando na Lagoa e el con Marta entrou unha rapaza pola porta vendendo rosas. Ela chamábase Reina e era xitana.
Miguel namorouse dela e deixou a Marta, coa que nunca chegara a ter nada, e co tempo fóronse coñecendo máis e máis e entón el descubriu que a súa moza era irmá do Bruto, o que lle pegara a malleira.
Os amigos de Miguel tiñan planeado unha pelexa para un domingo no que Miguel non participaría, como tampouco o faría Abel.
…………………………………
Tamara 3a

Categorías: 3A · lecturas
Tagged:

Matilda

Outubro 21, 2008 · Deixa un comentario

DAHL, Roald; Matilda, Alfaguara, Vigo, 2003, 230 pp., ISBN ……

Matilda é a historia dunha nena de catro anos filla dun vendedor de coches usados (ou mellor dito, dun perfecto estafador) e de unha ama de casa cuxa única preocupación é ir xogar ao bingo todas as tardes. Ningún dos dous parece saber a inteligencia fóra do normal que posúe a súa filla (aos tres anos aprende a ler soa, e antes de ir ao colexio pasaron polas súas mans innumerables libros de todo tipo). Continuamente a tratan de estúpida e ignorante. O desprecio dos seus pais é tal que decide “castigalos” con pequenos escarmentos: pon cola no interior do sombreiro do seu pai; pon un loro na chimenea facendo crer á súa familia que se trata dunha pantasma… A vida de Matilda cambia cando empeza a ir ao colegio. Alí conoce a señorita Honey que pronto detecta a superior capacidade da súa alumna e proponse levala a un nivel superior. Pero tamén coñece á terrible e desagrable señorita Trunchbull (directora del centro) que, informada polos pais de Matilda, ten un pésimo concepto da rapaza e non admite as opiniones da señorita Honey.Matilda, a raíz dunha falsa acusación feita pola señorita Trunchbull (consideraa responsable de meter unha salamantiga no seu xerro de auga) fai que a rapaza descubra que é posuidora dun poder extraordinario: xa que a súa mente, tras unha forte concentración, é capaz de mover objectos a distancia.

(Sitio web de R.D.)

María Elena 3º A

Categorías: 3A · lecturas
Tagged:

ESQUEMA DE HISTORIA DA LINGUA GALEGA (png)

Outubro 20, 2008 · Deixa un comentario

Categorías: 3A · PARA ESTUDAR
Tagged: