seiodoies

A casa dos Lucarios

Decembro 10, 2008 · Deixa un comentario

A CASA DOS LUCARIOS

-Este libro conta unha historia de un home e unha muller que vivían de sitio en sitio. Pero un día cando apareceu morta a súa terceira filla decidiron acomodarse nunha aldea chamada Ferreira. O primeiro non tiñan cartos pero cada vez foron modificando a pequena casa que tiñan. Primeiro tiraron as cortes que tiñan e montaron unha taberna onde Chicho tocaba a súa gaita pola noite. Despois segundo ían tendo fillos dabenlle unha altura a casa.
Un día a Rosiña de conta que a súa filla era perfecta e moi guapa estrañaballe que tivera ningún defecto, ata que un día un rapaz da aldea apareceu afogado e ella foi alí e reviveuno entón deronse de conta que a súa perfección se debía a que era unha santa.
Máis a diante Rosa dixolle a Chicho que quería facer un salón e un comedor pero o Chico dixolle para que quería máis reformas na casa que xa gastaran da bondo pero o final despois de moito discutir fixérono.

-Amín gustame moito este libro pola historia que conta porque conta como despois de dores e pobreza sae deste inferno e vai mellorando a súa mala vida.
José Daniel Santamaría
3ºC
Eu a este libro doulle un 9a_casa_dos_lucarios1

→ Deixa un comentarioCategorías: 1

Novembro 28, 2008 · Deixa un comentario

Do outro lado do espello por Sierra i Fabra. Trata dunha rapaza que aínda non descubriu o que e o amor. Entón fai unha proposta coa súa mellor amiga.

Ao longo do libro coñece un mozo e faise amiga del… Este ensínalle cousas novas sobre a vida e axúdalle a descubrilas. Ábrelle as portas cara o mundo do teatro e ensínalle que si que vale para dedicarse a iso.

É un libro que me gustou moito porque explica moi ben e da moitos detalles e, tamén engancha bastante por non dicir moito, ao tratar dunha adolescente penso que e mais doado entender o libro porque te identificas bastante coas cousas que suceden ao longo deste.

Recomendo lelo… a min persoalmente gustoume moito, e de feito como nota púxenlle un 10, aínda que algúns capítulos son algo liosos acábalo por entender igual.

Alba

3ºC

→ Deixa un comentarioCategorías: 3C · lecturas
Tagged:

Comunicación

Novembro 12, 2008 · Deixa un comentario

comunicaciongalego-copia

→ Deixa un comentarioCategorías: PARA ESTUDAR
Tagged:

MORGÚN

Novembro 12, 2008 · Deixa un comentario

Suso de TORO, MORGÚN, Col. Fóra de Xogo Ed. Xerais. ISBN 84-9782-053-2004, Vigo pp. 158

¿A quen non lle gustaría viaxar atrás no tempo e sumerxirse na fascinante historia dos castros?

Un libro incrible, moi interesante sobre a vida nos castros.

Este libro gustoume moito porque trata dunha historia sobre pelexas, profecías, maldicións e maxia, moita maxia naquela época que ¿quen sabe se será ficticia ou real?

Esta historia que tedes ante vos, é unha lectura moi fácil de comprender. Eu, recoméndolla a calquera persoa que teña interese na historia dos castros, ou simplemente que este aburrido/a na súa casa, sentado no sofá vendo a televisión por facer algo… Eu diríalle que colla este libro, pois é moi atraente: a intriga, o misterio e a emoción están presentes en todo momento.

Lembro que collín este libro un vinteún de outubro deste ano na biblioteca do meu instituto, (Porto do Son), na segunda hora de recreo. Ó cabo duns poucos días, eu diría que en menos dunha semana, xa lera este magnifico libro do moito que me gustaba , por iso recoméndoo, porque para min foi unha experiencia inolvidable.

Xa lera anteriormente, en concreto este verán, un libro de Suso de Toro, o cal tamén debo dicir que me encantou. Gústame a forma na que redacta as súas historias e como en cada capítulo déixache esa intriga que fai que queiras ler e ler, e como consecuencia, polo menos no meu caso,o libro dure un suspiro.

O libro “Morgún” trata dun rapaz do castro de baroña, que un día encontra un meniño na beira da praia onde o seu irmán xemeo e o pai estaban de caza. Deciden levar o meniño consigo. Logo dunhas horas chegan ás portas do castro onde son recibidos pola súa nai bruxa. Cando esta ve o neno, dáse conta de que leva unha poderosa maxia, a dos deuses, enriba e que unha grandiosa fazaña o espera …

Puntuación: eu daríalle un 9′5, gustoume moito, pero de todos os libros que teño lido non foi o que máis.

Esta é unha ilustración que fixo para Morgún o debuxante compostelano Juan Carlos Abraldes


→ Deixa un comentarioCategorías: 3A · lecturas
Tagged:

A banda sen futuro

Novembro 11, 2008 · Deixa un comentario

ALEIXANDRE, Marilar; A banda sen futuro, Xerais, Vigo 1999, ISBN 978-84-8302-471-3

A banda sen futuro, é un dos libros que máis me gustou do que lin ata agora. Eu a este libro doulle a máxima nota que se lle pode dar, que é un 10, porque non hai máis. Este libro a min pareceume que está moi ben redactado, que transmite con claridade o que quere a escritora. A min doume a sensación de que ten unha lectura bastante fácil e se pode ler moi rápido. O único que vos podo contar (porque se non, non teriades interese en lelo), é que trata dunha rapaza de dezaseis anos, que conta a súa vida. Unha vida con moitos problemas…

Ana 3ºA

→ Deixa un comentarioCategorías: 3A · lecturas
Tagged:

Da terra asoballada

Novembro 5, 2008 · Deixa un comentario

 Cabanillas, Ramón,  ”Da terra asoballada”, (Voz de Galicia), Xerais, 2001,84-8288-77-6,117pp.

Este libro de Ramón Cabanillas relata, en diversos poemas, o amor e orgullo que sinte pola súa terra. Ademais de contarnos algúns costumes e traballos da cultura galega, tamén escribe sobre algúns autores famosos galegos(PONDAL audio) que significaron algo para el e narra loitas que tiveron que soportar os galegos por aqueles tempos.

Ramón Cabanillas na wikipedia

Sobre Cabanillas (Francisco Fernández Rei)

→ Deixa un comentarioCategorías: 3A · lecturas
Tagged:

Onde o Sol non adormece

Novembro 4, 2008 · Deixa un comentario

CORTIZAS, Antón, Onde o Sol non adormece, Vigo 2003, ISBN 84-9782-054-1, 254 pp.

A nota que lle dou e dun 8.5.

Estaba buscando un libro que co título xa chámase a miña atención e entón atopeii este e a verdade é que non me disgustou.

Só vou contar unha pequena parte do libro, para que saibades un pouco de que vai porque si o conto todo xa non teriades interese en lelo e só vou dicir o nome do protagonista.

Un rapaz chamado Pedro e a súa amiga levan moitos anos sendo amigos, pero un día a rapaza marcha a cidade para operarse da cegueira que tiña e mentres Pedro pasa o tempo escribindo todo nun diario para que cando ela poida ver, que o lea por si mesma e vaille medrando unha sensación nova por esa rapaza.

A el tamen lle ocorren cousas moi raras por exemplo cando foi ver a universidade a que ia ir atopouse con alguén que lle contou unha historia referente á caixa de cedro que contiña o espello de cristal.
Ata ahí conto. Se queredes saber máis,  ides ter que buscar este libro e terminalo de ler.

Logo xa me contaredes si vos gustou.

Adriana 3a
para unha lectura moi atenta

→ Deixa un comentarioCategorías: 1

A banda sen futuro

Novembro 4, 2008 · Deixa un comentario

ALEIXANDRE, Marilar, A banda sen futuro, Xerais, Vigo, 1999, ISBN: 978-84-8302-471-3, 156 PP.

A banda sen futuro é un libro con poucas páxinas. De fácil lectura. Este libro conta a historia dunha rapaza a través dun diario. Penso que todas as persoas o deberían ler, porque non chega con ler o resumo. O importante é saber todo o que pasa no libro, porque hai moitas máis cousas que saber. Eu lin este libro en menos de 4 horas.  Ten algo de todo: intriga, amor, desamor… Non me gustou moito o principio, pero tampouco é que me desgustara de todo porque este é un deses libros que anque queiras parar de ler, tes que seguir pola curiosidade de saber como remata e tamén pola curiosidade de saber cousas como por exemplo se os doutores lle van a permitir que deixe o pelo largo, etc. Hai partes do libro que son aburridas pero en xeral, ben. A nota que lle dou a este libro é un 9.

Trata dunha rapaza chamada Carlota  que se trasladou a outra cidade por motivos de traballo dos seus pais. Isto do traslado a ela resultoulle difícil xa que ela tiña o pelo moi curto a causa da quimioterapia. Carlota levaba un gorro sempre posto. A ela non lle era fácil coller amigos no seu novo instituto, e aínda por riba  a súa mellor amiga estaba saíndo con Miguel, o rapaz que a ela lle gustaba. Cando ela colleu outro mozo, e xa era máis feliz, súa avoa enfermou de cancro, o parecer incurable. Isto fixo que ela se desgustase de novo.

TAMARA

na Wikipedia

máis opinións

→ Deixa un comentarioCategorías: 3A · lecturas
Tagged:

E agora que?

Novembro 4, 2008 · Deixa un comentario

VASSART, María: E agora que?, Periscopio.

Deseño da colección:DMB&B

Ilustracións interiores: Teo Puebla

Fotografía de cuberta: FOTOTECA STONE

2ª edición

Barcelona

ISBN-84-8116-311-2

Cando estaba buscando un libro na biblioteca, non encontrara ningún que me chamara a suficiente atención ata que dei con este.

A razón pola que collín ese libro foi porque dicía que era unha historia real, cousa que a min me chama atención (polo menos a min). Acostuman ser máis interesantes: cando unha historia real pasa a un libro é que tivo que suceder algo bastante gordo, digo eu.

Non vou contar de que vai a historia: xa non tería sentido lelo libro. Se vos interesa collédelo; é o que fixen eu.

Ben, a min o libro gustoume. A vida da protagonista cambia moito. Ademais, ao primeiro do libro non sabes moi ben o que lle pasou para estar naquel sitio onde estaba. Eu, mentres o lía, sentía moita curiosidade por saber o que lle pasou a esa rapaza.

E agora, se queredes saber o que lle pasou a rapaza, teredes que facer o que eu fixen. Unha cousa, non leades o reverso porque non pon de que vai o libro…

A miña nota é: 8.5

Alejandra 3a

→ Deixa un comentarioCategorías: 3A · lecturas
Tagged:

Rebeldes

Outubro 31, 2008 · Deixa un comentario

O libro que lin foi “Rebeldes” de Susan E. Hinton. Trata dun rapaz que pertence a unha banda e un día escapa da súa casa cun amigo; os da banda rival atácanos. O amigo ó ver que ían matar ó rapaz cravoulle unha faca a un dos da outra banda e matouno. Asi é como tiveron que escapar e refuxiarse nunha igrexa das aforas que estaba abandoada. Un día ó volveren de comprar comida viron que a igrexa estaba ardendo e dentro había uns rapaces. Sin dubidalo entraron e salváronos. Logo disto leváronos ó hospital e o amigo morreu porque lle caeran unhas tellas enriba e partira a columna. Despois Dally suicidouse e Ponyboy (o rapaz) pilla un baixón e saca malas notas. O seu profesor mándalle facer unha redacción e empeza a contar a historia.

A nota que lle dou e un 7,5 porque ó primeiro a historia non me chegou a interesar moito, que se lle vai facer… Pero, ATENCIÓN: ten un final impresionante.

Deste libro fixo unha adaptación Fancis Ford Coppola “The Outsiders”

Tamén podedes ver esta web.

Juan José, 3c

→ Deixa un comentarioCategorías: 3C · lecturas
Tagged: